Pontevedra, 29 de novembro do 2019
A asemblea anual da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural celebrada na Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, renovou a súa Xunta Directiva, contando cuha representación plural do sector público e do sector privado. A súa composición actual é de:
- Presidenta: Pilar Portela (Directora – Xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra)
- Vicepresidenta: Clara R. Cordeiro (7H Cooperativa Cultural)
- Secretario: Carlos Lorenzo (Técnico de Cultura no Concello de Carral)
- Tesoureira: Fátima Teixeiro (Serv. de Participación e Integración Universitaria – USC – Campus Lugo)
- Vogal 1: Tomi Legido ( DezdeDez e Sala Mardi Gras)
- Vogal 2: Jorge Linheira (Investigador de Políticas Culturais)
- Vogal 3: Uxío Novoneyra (Fundación Uxío Novoneyra)
A AGPXC desenvolve as súas liñas de traballo principais grazas a unha estrutura de “xunta directiva” extensa e flexible, onde teñen cabida todas as socias e socios que desexen participar activamente.